A coci?a de Larpeiros : 150 receitas

A coci?a de Larpeiros : 150 receitas

Campos Mel?n, Benigno

PVP: 20.00 €
Sin existencias.

Detalles del libro
Editorial: Editorial Galaxia
ISBN: 84-9865-202-2
ISBN-13: 9788498652024
Libros de Alimentacion

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria. Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.



   Horario UTC+2 Horario
  Cerrado por vacaciones
  27 de julio a 26 de agosto

   Teléfonos Librería COMPAS Universidad Teléfonos
  965.90.93.90
  965.67.22.33


   Busca un libro
   Búsqueda avanzada 

   Catálogo
   · Alimentacion
   · Arte
   · Ciencias
   · Comics-Manga
   · Derecho
   · Economia
   · Enologia
   · Español ELE
   · Guias de viaje
   · Historia
   · Idiomas
   · Japonés y cultura japonesa
   · Libros
   · Lingüística
   · Literatura
   · Medicina
   · Pedagogía
   · Sociologia
   · Varios
PayPal


información sobre libreriacompas.com Información legal y uso de cookies | contacto con libreria compas Contacto

Su compra de libros con envío urgente.
* Entrega en 24/48 horas laborables Península, Baleares y Portugal peninsular, a lo largo del día antes de las 19:00.
© Libreria COMPAS Universidad S. L. Inscrita en el Reg. Merc. Tomo 1340, Libro 0, Sección 8, Folio 95, Hoja A 8470, Inscripción 2ª., Apdo. de correos 6095. C.P. 03080 Alicante (España)