Mi cuenta
 
Mi pedido
 
  Mapa web  |   http://libreriacompas.com/livro/Contos-colorados--narracións-eróticas-da-tradición-oral-galega_84-8302-537-X.html Português http://libreriacompas.com/books/Contos-colorados--narracións-eróticas-da-tradición-oral-galega_84-8302-537-X.html English  

Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral galega

Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro

Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral galega PVP: 42.00 €
Entrega: De 7 a 15 días.
SIN EXISTENCIAS, se encarga a la editorial.

Detalles del libro
Editorial: Xerais Ediçoes
ISBN: 84-8302-537-X
ISBN-13: 9788483025376
Materia: Libros de Literatura erotica
Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual. Reelaboradas e coidadosamente anotadas, as narracións que aquí se presentan constitúen a variante total dos contos eróticos galegos que se foron aprendendo de boca a orella, de xeración en xeración, na longa viaxe dos séculos. Quen lea este volume verá desfilar páxina a páxina unha impresionante galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxoriosos, esposos cansos e pouco espilidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais, especialmente os dos cregos hipócritas que fan todo o contrario do que predican, pecados de luxuria de solteiros, casados e relixiosos con profesión de castidade, inocentes burlados, falsas virxes, fillas que burlan a severa vixilancia dos seus pais, contraseñas que abren portas e propician encontros secretos de amantes adúlteros e toda clase de trasegos eróticos; con distintas doses de atrevemento e ousadía pero case sempre nun ton de humor despreocupado e burlesco. Ós ollos de hoxe, unha alta porcentaxe destas narracións son machistas e en moitos casos re-trógadas nas valoracións morais que transmiten; anque noutros casos poidan ser certeiramente críticas e cuestionen de arriba a abaixo os poderosos alicerces do estamento clerical; pero en definitiva veñen sendo a plasmación de cómo asume ou entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores.




   Busca un libro
   Búsqueda avanzada 

   Hojea el catálogo
   · Arte
   · Ciencias
   · Comics-Manga
   · Derecho
   · Economia
   · Español Lengua Extranjera
   · Geografia e Historia
   · Lengua y Filologia
   · Literatura
   · Pedagogia y Educacion
   · Sociologia
   · Varios







Marca de aceptación

MasterCard Secure Code. Verified by Visa

www.libreros.org


información sobre libreriacompas.com Información | contacto con libreria compas Contacto

© Libreria COMPAS S. L. Inscrita en el Reg. Merc. Tomo 902, Libro 374, Sección 2ª, Folio 148, Hoja 11910, Inscripción 1ª., Apdo. de correos 2060. C.P. 03013 Alicante (España)