|
Guía das bolboretas de Galicia
Iglesias, Xosé Luis; Astor Camino, Xulio
PVP:
31.30 €
Entrega:
De 7 a 15 días. SIN EXISTENCIAS, se encarga a la editorial.
Detalles del libro
Editorial:
Xerais Ediçoes
ISBN: 84-7507-605-X
ISBN-13: 9788475076058
Materia:
Libros de Zoologia
Na Guía das bolboretas de Galicia estúdianse 132 especies de ropalóceros que constitúen a fauna lepidopterolóxica galega: o seu entorno, morfoloxia e anatomía, o seu ciclo biolóxico, costumes e lugar nos ecosistemas. Proporciónase unha clave de especies de fácil manexo, acompañada do debuxo das súas xenitalias e de fotografías a toda cor, sempre a tamaño natural, que permiten unha mellor identificación de cada unha das bolboretas. Descríbense os seus biotopos preferidos, a súa distribución en Galicia, o número de xeracións anuais, as características dos estados larvarios, as plantas nutricias das eirugas, o seu posible dimorfismo sexual e as diferencias coas especies semellantes. Os autores, Xosé Luís Iglesias Garrote e Xulio Astor Camino, profesores de bioloxía e especialistas en ropalóceros, pertencen á Sociedade Hispano-Luso-Americana de Lepidopteroloxía (SHILAP). Esta guía é un instrumento útil para tódolos afeccionados á entomoloxía e para todas aquelas persoas que queiran mellor coñecer o mundo destes fermosos insectos. |
|