LIVAN, PACO
Tres irmás reciben en herdanza unha ola e unha culler. Ao remexeren, aparecen tres obxectos con poderes máxicos. A máis pequena pretende usar o seu para coñecer o famoso príncipe de Tomboso. Como ademais de aposto, resulta ser un home ruín, narcisista e vaidoso, con trampas e enganos, consegue humillar a rapaza e apodérase do legado das tres.
Mais fronte á adversidade, as cativas botan man do seu enxeño para darlle ao príncipe un bo escarmento.
Esta historia de ritmo sintético e eficaz, xurde da combinación dunha variante quebequesa con outras versións alemás.